Thursday 22 de October de 2026

Cambre segue sen resolver a compra de espellos de tráfico


Alternativa cuestionou en comisións informativas sobre a parálise de meses no proceso de contratación do suministro de material da brigada de obras e servizos, na que se inclúen os espellos.

 

Á falta de espellos de tráfico e o mal estado de moitos deles dificulta a visibilidade en moitos cruces do municipio.

Durante as comisións, o goberno muncipal confirmou que o lote para espellos quedara deserto e se está a preparar unha contratación específica para poder substituír ou repoñer os elementos necesarios.

Alternativa considera que é preciso axilizar os trámites, xa que é unha situación que se ven prolongando dende febreiro e afecta diriamente á seguridade viaria da veciñanza.

Deja un comentario