Thursday 22 de October de 2026

O Concello actúa no colexio de Santa Cruz a petición da ANPA, mentres a Xunta segue sen ausente


Ante a negativa da Xunta de Galicia de dotar ao Colexio Parga Pondal de Santa Cruz dunha cuberta na zona posterior do patio, o Concello procedeu a instalar unha valla tal e como solicitou a ANPA na actual zona cuberta. Desta maneira preténdese mellorar a seguridade do alumando, ata que a Xunta cumpra coas súas obrigas no centro.

A zona que o Concello acaba de delimitar mediante unha varanda resulta insuficiente para dar resposta ás necesidades do alumnado os días de chuvia, polo que resulta necesario ampliar as zonas protexidas dispoñibles no patio. A Xunta de Galicia, que inviste na mellora das instalacións educativas de numerosos municipios, non pode deixar de atender as necesidades dos colexios de Oleiros por razóns exclusivamente partidistas. Os nenos e nenas de Oleiros teñen o mesmo dereito ca os de calquera outro municipio galego a contar con centros escolares dignos, ben equipados e adaptados ás súas necesidades.

O Concello de Oleiros é un referente no ensino público, tanto pola calidade e o compromiso do seu profesorado como polo esforzo realizado polo Concello para impulsar a construción dos centros educativos, cedendo amplos terreos e garantindo os mellores espazos para o desenvolvemento da actividade escolar.

Deja un comentario