Monday 16 de February de 2026

Inundación Belle-Basteiro


Máxima preocupación polo desbordamento dende esta madrugada, a causa das persistentes chuvias, dos ríos Belelle e Basteiro, que anegan terreos e mesmo chegan, en puntos como As Augas e Santa María, a algunhas vivendas. Dende primeiras horas, trabállase para intentar evitar afectacións en máis casas. Tamén o río Castro se atopa completamente desbordado.

O Concello de Neda procedía a cortar os accesos rodados ás vías públicas asolagadas, alertaba a Augas de Galicia para que retirara a máquina escavadora que traballa nas obras da retirada do azud do muíño do Carballo.

Avanzada a mañá, o Concello aprovisionábase de sacos de area e grava para colocar, en función das necesidades, barreiras na zona comprendida entre Santa María e As Augas. Ao mediodía, comezaba a instalarse a primeira.

O GES de Mugardos, persoal municipal de servizos e obras, e a Policía Local traballan dende primeiras horas da mañá na zonas afectadas polas inundacións máis próximas ás casas.

Deja un comentario