O Concello da Pobra prepara xa a campaña do Nadal
A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal prepara a organización da campaña do Nadal. Por tal motivo, a edil Amparo Cerecedo explica que terá lugar unha reunión con representantes de comercios na localidade coa finalidade de abordar conxuntamente a proposta para incentiva-las compras nos establecementos de proximidade nesa época. A xuntanza será no …