O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición nunha xornada de “Iniciación ao mergullo”
O edil de Deportes, Ibán Santalla; o presidente da Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero, e Óscar García, integrante do Club do Mar de Ferrol, presentaron esta mañá a segunda edición da xornada de Iniciación ao mergullo que se celebrará na piscina do complexo polideportivo municipal da Gándara. A convocatoria diríxese a persoas maiores de …