O debuxante Kiko da Silva falará este xoves no Museo do Humor sobre a revista “Retranca”
O Museo do Humor de Fene acollerá este xoves ás 20 horas unha conferencia do debuxante, ilustrador, humorista gráfico e editor Kiko da Silva. Con esta charla, organizada pola Concellería de Cultura e Ensino, preténdese afondar no coñecemento da revista “Retranca”, publicación que centrou a última exposición producida polo Museo do Humor de Fene e …








