Máscaras, xogos, obradoiros, flocos e moita alegría na ‘Tarde de Entroidada’ infantil de Ordes
O Concello de Ordes celebrou unha festa moi, moi especial para os nenos e nenas do municipio. A ‘Tarde de Entroidada’ congregou a centenares de persoas no pavillón Campomaior, onde lles agardaban animacións; personaxes de fantasía; obradoiros de máscaras, complementos, maquillaxe, chapas etc é máquinas de flocos onde os máis tragóns puideron comer ata fartarse. …






