San Sadurniño busca a implicación do tecido social no desenvolvemento do proxecto europeo ECMYNN
Unha decena de entidades veciñais, culturais e deportivas do municipio reuníronse este xoves á tarde convocadas polo Concello para coñeceren máis en detalle o proxecto europeo ECMYNN e ver a maneira en que poden colaborar no seu desenvolvemento. Trátase dunha iniciativa transnacional enmarcada no ERASMUS+ na que participan entidades de Romanía, Polonia, Italia e Grecia. …






