O mago Martín Camiña presentará mañá sábado o seu espectáculo “Feitizo” no I Festimaxia de Lousame
O mago pontevedrés Martín Camiña presentará mañá sábado 10 de decembro, ás 19:30 horas, o seu espectáculo “Feitizo” dentro do I Festimaxia Lousame, que organiza o Concello de Lousame. Unha actuación de entrada libre e de balde, que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. “Feitizo” é un espectáculo que mestura maxia, …







