Recepción a Iván Parada e Juan Manuel Pérez tras os seus éxitos no mundial de Kempo
Iván Parada e Juan Manuel Pérez foron obxecto dunha recepción no salón de plenos do Concello na que estiveron calorosamente arroupados por integrantes do Club Kempo Barbanza e outros acompañantes, logo dos seus éxitos coa selección española no campionato mundial disputado en Albufeira a finais de abril, no que obtiveron tres e unha medalla, respectivamente. …