O Concello constitúe unha comisión de seguimento para avaliar a evolución do COVID-19 en Camariñas
Os integrantes, presididos pola alcaldesa Sandra Insua, reuníronse por primeira vez esta mañá por videoconferencia. Hoxe, a través dunha videoconferencia, quedou constituída a comisión municipal de seguimento para avaliar a evolución do Coronavirus (COVID-19) e o cumprimento das medidas decretadas polo Estado de Alarma no Concello de Camariñas. Esta comisión está formada pola alcaldesa, Sandra …





