Medio Ambiente subliña o fito histórico que supón ter adxudicado xa o 68% do solo empresarial de Morás e anuncia o remate da urbanización da primeira fase do parque para este ano
Durante unha visita ás obras do polígono industrial, Ángeles Vázquez avanza que as primeiras empresas estarán en disposición de empezar a traballar o ano que vén Un total de 650.000 metros cadrados dos 950.000 proxectados no parque empresarial de Morás, en Arteixo, xa teñen dono. Así o subliñou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, …