Medio Ambiente e o Grupo de Accesibilidade Coruña traballarán conxuntamente para eliminar barreiras arquitectónicas nas praias, parques e xardíns da cidade
A concelleira Esther Fontán manterá reunións periódicas cos colectivos con diversidade funcional para poñer en marcha melloras na accesibilidade nas contornas naturais A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, reuniuse con representantes do Grupo de Accesibilidade Coruña (GAC) co fin de analizaren distintos aspectos e problemas aos que se enfrontan as persoas con diversidade …