“Fácemolo por”, a nova peza audiovisual do concello que relata esas pequenas grandes cousas da vida que nos levan a quedar na casa
O novo vídeo enmárcase na campaña de concienciación da veciñanza #CoruñaQuedaNaCasa, que o Goberno local distribúe nas súas redes sociais e conta tanto coa participación de persoas anónimas de diferentes barrios como con rostros coñecidos da nosa cidade Hai unhas semanas que o Concello da Coruña iniciaba unha serie de accións de concienciación da veciñanza …