San Sadurniño participa na súa primeira xuntanza da Rede de Municipios pola Agroecoloxía
O Concello de San Sadurniño aprobou en setembro a súa integración na Rede de Municipios pola Agroecoloxía, que agrupa concellos e entidades comprometidas coa busca -dentro do seu ámbito competencial- de alternativas produtivas respectuosas co ambiente e sostibles desde o punto de vista económico e social. A rede tamén pretende avanzar na soberanía alimentaria e …