O BNG de Ponteceso presentou no pleno dúas mocións para evitar o peche de dúas aulas no IES Eduardo Pondal de Ponteceso o vindeiro curso, logo de ter alumnado matriculado
Fátima Rodríguez Gonzálvez, voceira municipal do BNG, defendeu ante o pleno sendas iniciativas para esixir á Consellería de Educación a marcha atrás ante unha decisión inxusta que supón un novo recorte nos servizos públicos do rural. Ambas mocións foron aprobadas por unanimidade. O pasado xoves, 10 de agosto, celebrouse en Ponteceso o primeiro pleno ordinario …