San Sadurniño pon en marcha unha canle en Whatsapp para informar á veciñanza das novidades municipais e veciñais
Desde hai uns días está activada a nova canle en Whatsapp do Concello de San Sadurniño. Un medio de información que vén sumarse ás distintas plataformas municipais coa finalidade de que a veciñanza estea ao tanto dos avisos, noticias e previsións de axenda institucionais, pero tamén de aqueloutros contidos producidos polo tecido asociativo. Para subscribirse …