San Sadurniño licita en 104.000 euros as obras viarias acollidas ao Plan Camiña Rural
O Concello de San Sadurniño acaba de publicar na plataforma de contratación co Sector Público toda a documentación relativa á licitación das obras de reparación dos eixos Ramisqueiras-As Leiras-Vilela, no Camiño Arriba, e Vilela-Vilachá, en Santa Mariña do Monte. Trátase de dúas intervencións para a mellora de case dous quilómetros da nosa rede viaria que están orzamentadas …