Actividades educativas, contacontos, a andaina pola igualdade e a Xuntanza de mulleres, pezas centrais da programación de Neda polo 8M
O Concello de Neda deseña todo un mes de actividades para conmemorar o 8M, subliñando a necesidade de avanzar cara a unha igualdade real. Apóstase por unha programación variada e con propostas para distintos públicos, que arrincará nas escolas a vindeira semana e terá como colofón a segunda edición da Xuntanza de mulleres de Neda. …










