A exposición Fauna Esencial recala na Casa da Cultura de Fene
O vindeiro luns, 16 de decembro, abre ao público na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene – Museo do Humor Xaquín Marín a exposición Fauna Esencial, promovida por Afundación (Obra Social Abanca). Trátase dunha exposición fotográfica que propón “unha viaxe enriquecedora a través da diversidade e a esencia mesma da nosa …