A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” chega á súa fin demostrando “a calidade e o compromiso do tecido comercial de Compostela”
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu hoxe o acto de peche da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, no que ao longo de todo o ano diferentes establecementos de Santiago lle deron visibilidade a entidades solidarias. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, …