Chile, a primeira delegación do Pacífico en asistir a un Encontro de Embarcacións Tradicionais en Galicia
Ao XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebra en Ribeira até o domingo 20 de xullo, asiste por primeira vez unha delegación suramericana. Trátase dunha nutrida representación de carpinteiros de ribeira de Chile, comandada polo Servicio Nacional de Patrimonio Cultural do Goberno chileno, que chega a Galicia para presentar e compartir a …










