O goberno de Sanmartín anuncia que se presentará en 2025 á nova EDIL para recuperar a vitalidade e a calidade ao norte do concello
O goberno que preside Goretti Sanmartín fixou hoxe os retos para este ano cun primeiro obxectivo inmediato como é a aprobación dun novo orzamento. Asemade, no obxectivo global dunha Compostela mellor para vivir, a rexedora estableceu prioridades en vivenda, en impulsar máis equipamentos sociais e deportivos e mellores servizos e espazos públicos. Goretti Sanmartín anunciou …