O GES de Brión colabora na excarceración dun ferido leven nun accidente na AG-56 e asiste a unha persoa na Gándara (Negreira)
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou hoxe en dúas actuacións de asistencia en sendos accidentes producidos na Autovía Santiago-Brión e no lugar da Gándara (Negreira), que se saldaron con dous feridos leves. Así, os técnicos do GES recibiron ás 6:00 horas de hoxe unha chamada do 112 alertando dun accidente con persoas atrapadas …