O Concello nomeará fillos adoptivos da Coruña a Ibrahima Diack e Magatte N’Diaye, os cidadáns que auxiliaron a Samuel Luiz Muñiz
A Comisión de Honras e Distincións resolveu propoñer como fillo predilecto a Javier López López, así como fillos adoptivos a Rodrigo Maseda Lozano e José Antonio Villamor Vázquez, os heroes de Orzán. As distincións irán a pleno para o seu debate e aprobación. A Comisión de Honras e Distincións do Concello da Coruña reuniuse este …