A II Xornada Literaria no Pote reunirá en Maniños a máis dunha vintena de escritores e escritoras.
A Concellería de Cultura organiza coa SCRD O Pote de Maniños e Aetna a II Xornada Literaria no Pote, encontro no que tamén colaboran a Asociación Galega de Escritores, Imprenta Sanesteban e Eroski. A escritora, actriz e contacontos fenesa Paula Carballeira e a gañadora do Premio Xerais 2024, Marta Villar, serán dúas das protagonistas desta …