Reunión de alcaldes e alcaldesas con Emalcsa para abordar os problemas na rede de distribución de auga
O próximo luns 16 os alcaldes de Oleiros, Cambre, Bergondo e Sada reuniranse co xerente de Emalcsa, a Empresa Municipal de Augas da Coruña, para abordar os problemas existentes na rede de distribución de auga nos diferentes municipios e concretar un convenio para a realización e financiación das infraestruturas precisas, pendentes no abastecemento de auga. …










