A Filmoteca de Galicia recibe a directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo Close-Up na Sala José Sellier
A Filmoteca de Galicia recibiu na tarde de onte a directora catalá Carla Simón para unha sesión do seu ciclo Close-Up sobre cinema e perspectiva de xénero, que volveu rexistrar outro cheo absoluto na Sala José Sellier como xa o fixera no anterior encontro, protagonizado en novembro por Pilar Palomero. Jara Yáñez, comisaria deste programa …