A Xunta recoñece ao Concello de Ribeira o seu compromiso co medio ambiente e a loita contra o cambio climático
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o Concello de Ribeira para recoñecer o destacado labor da administración local en materia de preservación do patrimonio natural e a loita contra o cambio climático. O acto central da visita foi o izamento da Bandeira Verde de Galicia na praia de Coroso, …