O Plan conta cun orzamento de máis de 4 millóns de euros cos que, entre outras cousas, darase continuidade a 36 proxectos
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuníronse hoxe coa presidente da Coordinadora Galega de ONGD, Gema Filgueira, e outros dous representantes de asociacións membros.
O obxectivo da reunión foi valorar o Plan da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2016, que foi recentemente aprobado polo Consello da Xunta cun orzamento que rolda os 4,2 millóns de euros.
Grazas a este novo Plan, este ano darase continuidade a 36 proxectos iniciados en 2015 e á formación de expertos en cooperación para o desenvolvemento. Ademais, como novidade, inclúe a elaboración dun decreto que permitirá melloras cualitativas na normativa que regula a cooperación para o desenvolvemento.