Os bombeiros do parque Comarcal Provincial do Betanzos foron alertados esta tarde de venres dunha saída de vía dun camión en Teixeiro, na estrada DP-0302 (pk. 0,200). O 112 alertou aos bombeiros de que o vehículo, de grandes dimensións, saíu da vía ata chegar a impactar contra unha arboreda. A cabina quedou totalmente esmagada e o condutor saíu polo seu propio pé.
O acompañante do condutor tivo que ser excarcelado xa que quedou atrapado por unha perna ó esmagarse a cabina contra as árbores. O accidentado estaba estable, segundo os servizos de emerxencias, aínda que tivo que ser evacuado ao Hospital polo 061.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.