Thursday 21 de November de 2024

Axuda ás vítimas da DINA


O Concello de Carballo amosa a súa solidariedade coas vítimas da DINA (Depresión Illada en Niveis Altos) e, despois de coñecer as necesidades dos municipios afectados, trasladadas pola Federación Valenciana de Municipios e Provincias, pon en marcha unha campaña de recollida dos seguintes produtos:
Alimentos non perecedoiros
Produtos de hixiene
Produtos de alimentación e hixiene infantil
Non se admitirá roupa nin outros produtos que non sexan os demandados desde a zona afectada. Se queres colaborar podes entregar a túa axuda de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00, no Fórum Carballo ou na casa do concello.

Grazas pola túa solidariedade!