Saturday 02 de November de 2024

O PP denuncia que Culleredo converteuse nunha selva pola falta de mantemento en parques e xardíns.


∙ Rioboo asegurou hai máis un ano que “os pregos estaban xa listos en fase de revisión polo servizo de contratación e 13 meses despois seguen sen saír a licitación”.

∙ As protestas veciñais, cada día máis numerosas, sinalan que non lembran ver a Culleredo “tan abandonado como con este equipo de goberno”.

O Partido Popular de Culleredo recolle as numerosas queixas veciñais sobre a falta total de mantemento nos parques e xardíns do municipio.
A empresa que realizaba gran parte destes traballos (3 das 4 zonas na que se divide o contrato) deixou de prestar este servizo hai meses, sen que “desde o goberno municipal tomáronse medidas efectivas e rápidas que solucionen o grave problema que supón a falta de limpeza e de mantemento dos parques e xardíns de Culleredo”, sinala a líder popular, Izaskun García.
“Hai un ano celebrouse un pleno extraordinario a petición nosa no que esiximos a inmediata licitación dos contratos caducados de limpeza de edificios, limpeza viaria e parques e xardíns. Este último asegurounos o alcalde, José Ramón Rioboo, que se estaba ultimando e que sairía a licitación en poucas datas. Case 13 meses despois preguntámonos en que caixón dormen eses pregos mentres Culleredo parécese máis a unha selva que a un concello de máis de 30.000 veciños”, denuncia a portavoz popular.
No último pleno celebrado o pasado martes, García inquiriu de novo ao alcalde sobre este tema “que ten aos veciños realmente preocupados e enfadados. Din non lembrar ver a Culleredo nun estado semellante de abandono e deixamento por parte dun goberno municipal”.
“Queremos saber que vai pasar de aquí a que se licite o novo contrato, como ten previsto levar a cabo un servizo fundamental para o benestar dos veciños. Se van seguir improvisando a base de parches e chapuzas como tamén fixeron co servizo de conserxería dos pavillóns”, declara a líder popular.
Os populares esixen que se tomen medidas efectivas, “e de maneira inmediata. Hai que darlles aos veciños as mellores condicións de seguridade e salubridade. En moitas zonas a maleza chama ás ratas e a outros bichos, a maior parte dos xardíns aseméllanse máis a zonas de pasto, as malas herbas asolagan os parques. Abandono total, esa é a expresión que mellor define o que está a suceder en Culleredo”.

Deja un comentario