A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Laxe, Francisco Charlín, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente o estado do proxecto para construír unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) en Traba.
Segundo lle explicou Ángeles Vázquez ao rexedor, a redacción do anteproxecto foi adxudicada o pasado mes de marzo e, en canto se reciba o documento, será avaliado polo persoal técnico de Augas de Galicia e farase unha estimación inicial do orzamento necesario para acometer a actuación.
Este proxecto completarase coa construción dun colector na contorna de Mórdomo en substitución da fosa séptica actual. Con esta obra, que permitirá conectar os vertidos desta zona á rede de saneamento municipal, darase servizo a uns 200 habitantes
Ángeles Vázquez indicou que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.