· Será ás 18:00 horas da tarde na praza do Concello.
· Haberá actuacións de DJ Mouzo e do Coro Municipal Brisas do Mar, ademais de algodón de azucre, chocolate con churros ou zancudos.
Camariñas acenderá o alumeado de Nadal o vindeiro sábado 30 de novembro ás 18:00 horas da tarde na praza do Concello, lugar onde nevará de novo.
Haberá actuacións de DJ Mouzo e do Coro Municipal Brisas do Mar, ademais de algodón de azucre, chocolate con churros, zancudos e tamén un ‘photocall’ de Nadal.
Desde o Concello de Camariñas animan a toda a veciñanza “a acudir a un acto que dá paso a unha tempada de felicidade e confraternización, coas nosas rúas iluminadas e nunha tarde repleta de actividades pensadas expresamente para as familias de Camariñas e a contorna”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.