∙ “Nin sequera nun tema tan proveitoso para os veciños como a cesión dos pazos de AENA, é capaz de deixar ao carón a súa soberbia e as súas ansias de protagonismo”, sinala a líder popular.
∙ Aceptando deixar sobre a mesa a proposta “demostramos que por encima de calquera ambición política ou persoal están os intereses de todos os veciños. Algo do que non pode presumir un alcalde arrogante e manipulador”.
O Partido Popular de Culleredo acusa o alcalde, José Ramón Rioboo, de dinamitar “de novo a posibilidade de chegar a consensos, convertendo a oportunidade de lograr acordos para que AENA ceda o uso dos pazos do aeroporto nunha arma política arreboladiza contra o PP”.
No último pleno ordinario celebrado o pasado martes, deixouse sobre a mesa a moción que os populares levaron a pleno sobre a cesión por parte de AENA dos pazos do aeroporto “a proposta do propio alcalde, co propósito de acordar entre todos os grupos da corporación a mellor opción posible para o seu uso”, sinala a líder popular, Izaskun García.
Con todo, nunha nova manobra de manipulación e de incapacidade para lograr acordos, “José Ramón Rioboo tenta vender o que de xeito evidente sería unha boa noticia para todos, como é lograr a cesión de uso ou de propiedade dos pazos, nunha suposta derrota do noso grupo municipal. Unha mentira que cae por si soa vendo o que en realidade sucedeu no pleno do pasado martes”, aclara a portavoz popular.
“Coa nosa proposta e a nosa decisión de aceptar deixala na mesa para lograr un consenso entre todos os grupos sobre cal sería o mellor uso que se lle podería dar a eses edificios, demostramos cal é a nosa verdadeira intención, que é lograr esa cesión e conseguir novas e necesarias instalacións para poñer ao dispor das distintas asociacións do concello. Unha demanda que o propio alcalde e a súa concelleira Marta Figueroa recoñeceron no pleno”, recalcan os populares.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.