O Concello de Ribeira gardou un minuto de silencio polas vítimas da dana. O Concello púxose a disposición das autoridades polo que puidesen precisar. Nestes momentos de dor e consternación, o Concello de Ribeira expresou a súa solidariedade e apoio a todas as persoas afectadas pola recente dana que golpeou con forza especialmente a Comunidade Valenciana, deixando un saldo tráxico de persoas falecidas e desaparecidas.
Dende Ribeira, enviouse o máis sincero pésame ás familias e amizades que perderon aos seus seres queridos, e estenderon o seu agarimo e esperanza a quen aínda esperan noticias sobre o paradoiro dos seus familiares.
“Queremos que a Comunidade Valenciana saiba que, nestes momentos tan duros, conta coa solidariedade e o apoio de todos e todas nós” expresou o rexedor en nome da Corporación e da veciñanza.
Desexamos que poidan superar este difícil episodio e reconstruír o perdido coa forza da unidade e a esperanza.