Atendendo á demanda da xuventude, as Casa da Mocidade permanecerán abertas as fins de semanas, incluídos os domingos. Co novo horario que entra hoxe en vigor, os recintos estarán abertos venres e sábados de 17 a 22 horas e domingos de 17 a 21 horas.
Ata o mes de xaneiro, as Casas da Mocidade tamén abrirán as vésperas de festivos, coma hoxe, de 17 a 22 horas (Portaberta) e de 17 a 23:59 horas (As Pedras). Tamén haberá apertura durante as vacacións de nadal.