Friday 22 de November de 2024

Loito oficial


O Concello de Miño únese aos tres días de loito oficial en sinal de respecto e solidariedade #ante a traxedia provocada polo paso da DANA pola Comunidade Valenciana, expresando o seu apoio e condolencias ás familias das persoas falecidas e a todas as persoas afectadas. A bandeira española ondea xa a medio mastro no Concello en honra ás vítimas.

Debido a este período de loito, o concerto e a festa de Halloween programados para hoxe quedan suspendidos e trasládanse ao domingo, 3 de novembro. Ese día, as actividades comezarán a partir das 11:30 horas coa entrega de caramelos para as vivendas de Costa Miño que participen no concurso, e continuarán coa entrega de premios dos concursos de cabazas e casas decoradas, previa ao comezo do concerto, programado para as 13:30 horas. Todas as actividades realizaranse na carpa da rúa Xacedós.