Monday 25 de November de 2024

Curso sobre demencias para persoas coidadoras


Dentro do programa municipal de apoio a persoas coidadoras, o Concello organiza para o mes de novembro un curso básico sobre demencias. Esta actividade está dirixida a familiares coidadores de persoas que sofren algunha das enfermidades que cursan unha demencia.

A formación está encamiñada a coñecer mellor a enfermidade e adquirir ferramentas que faciliten unha mellora nos coidados, tanto da persoa que sofre esta enfermidade, como do familiar que realiza os coidados.

A formación distribúese en tres sesións de dúas horas de duración cos seguintes contidos e docentes:

• 12 de novembro: Enfermidade de alzhéimer, diagnóstico e tratamento. Docente: Elena Viqueira, psicóloga e terapeuta ocupacional, directora técnica de AFACO

• 19 de novembro: Pautas de actuación ante síntomas de conduta. Terapias non farmacolóxicas. Taller de habilidades de comunicación. Coidado do coidador. Docente: Inés Junquera, psicóloga de familias de AFACO

• 26 de novembro: Taller de Mobilizacións. Docente: Fabiola Valado, fisioterapeuta de AFACO

Para participar nesta formación é posible solicitar praza chamando a Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros ata o 8 de novembro (981 610 000). É imprescindible estar empadroado/a no Concello de Oleiros.