Todos os espectáculos previstos para estes días da rede Dinamiz-ARTj quedaron suspendidos en sinal de dó polas persoas falecidas no desastre provocado pola DINA que azoutou Valencia, Castela-A Mancha e parte de Andalucía.
No Concello de San Sadurniño, onde nos unimos ao sentir común de pesar, suspéndese, polo tanto, o “Monstros no Camiño” programado para este venres 1 de novembro na Casa da Cultura.
Proximamente informarase da nova data de representación desta obra da compañía Ghazafelhos Teatro.