Friday 22 de November de 2024

O Concello alerta do intento de estafa duns falsos comerciais dunha empresa de colchóns


O Concello de Oleiros quere alertar o conxunto da poboación do intento de estafa por parte de dous individuos que se fan pasar por comerciais dunha empresa de colchóns. O seu modus operandi consiste en dirixirse a domicilios nos que previamente compraron algún artigo a esa empresa para reclamar débedas e pagos pendentes que realmente non existen.

O Concello fai un chamamento a toda a poboación para que extreme as precaucións ante este tipo de individuos e denuncie ante a Garda Civil os feitos.