Nestes momentos de dor e consternación, o Concello de Ribeira expresou a súa solidariedade e apoio a todas as persoas afectadas pola recente dana que golpeou con forza especialmente a Comunidade Valenciana, deixando un saldo tráxico de persoas falecidas e desaparecidas.
Dende Ribeira, enviamos o noso máis sincero pésame ás familias e amizades que perderon aos seus seres queridos, e estendemos o noso agarimo e esperanza a quen aínda esperan noticias sobre o paradoiro dos seus familiares.
Queremos que a Comunidade Valenciana saiba que, nestes momentos tan duros, conta coa solidariedade e o apoio de todos e todas nós.
Desexamos que poidan superar este difícil episodio e reconstruír o perdido coa forza da unidade e a esperanza.
Dende o Concello de Ribeira poñémonos a disposición das autoridades polo que poidan precisar. Tamén gardaremos un minuto de silencio este xoves 31 de outubro de 2024 ás 13:30h diante do Concello (auditorio vello).