Friday 01 de November de 2024

Aprobada unha moción de Alternativa para crear un Viveiro de empresas en Culleredo


A proposta foi aprobada polo pleno

No pleno celebrado no día de onte en Culleredo aprobouse unha moción de Alternativa dos Veciños para crear un Viveiro municipal de empresas. Un dos posible lugares para levar a cabo o referido Viveiro é o Centro Loxístico de Transportes de Ledoño, unha vez remate o proceso de toma de posesión dos inmobles pertencentes ao Concello.

O Viveiro Municipal de Empresas concíbese como unha ferramenta cuxo obxecto será facilitar o establecemento, arranque, consolidación e expansión das empresas a través da explotación de inmobles do Concello. Este Viveiro permite os novos empresarios poder desenvolver os seus primeiros anos de traballo cunhas facilidades importantes potenciando de este xeito o emprego a nivel local.

Deja un comentario