Friday 22 de November de 2024

Os CEIPs da Laracha e as EEI de Arteixo colaboran na XIII limpeza colectiva de praias proposta por Adega. Coodina o CEIP de Caión 


O vindeiro mércores 6 de novembro colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia. Estaba programada para o día 25 de outubro, pero tívose que adiar polo mal tempo. 

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto no que continuamos neste curso: “Voz Natura”. 

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día. 

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta XIII Edición da limpeza  de simultánea de praias . As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que  adiar a data. 

Nesta edición volveremos a contar coa colaboración e implicación do alumnado de outros  centros do Concello. Así asistirán as crianzas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e os  de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha. Este ano anímanse a colaboaran con nós  tamén as Escolas de Educación Infantil de Arteixo: a EEI da Lagoa, a EEI de Rorís e a EEI de Larín.  

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos  para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que  veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades. Asemade  cómpre traer calzado e roupa adecuada a situación climatolóxica. 

Podedes colaborar con nós acudindo á praza ás 10:15 horas, dende onde comezaremos a  distribución do voluntariado.