O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de gardar un minuto de silencio, ás 12.00 horas, nas inmediacións da casa consistorial como mostra de solidariedade con Albacete e Valencia, gravemente afectadas por un episodio de Dana.
Por esta mesma razón, a Administración local decidiu suspende-los actos finais das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.
No momento de congregárense tódolos presentes, o alcalde, José Carlos Vidal, indicou que é un acto en memoria de tódalas persoas falecidas, apoio ás súas familias e amizades, ademais de confiar na pronta localización das desaparecidas e en consideración con quen perdeu o seu fogar por efecto do temporal. “Trasladamos aos municipios afectados o noso afecto e respaldo nesta situación tan difícil”, declarou. O silencio rematou cun aplauso.