O Concello da Pobra do Caramiñal suspende a ofrenda cívica e o plantado da camelia, previstos para hoxe como broche final ás XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, como mostra de solidariedade con Albacete e Valencia, gravemente afectados por un temporal.
A Administración local súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de gardar un minuto de silencio nas inmediacións da casa consistorial, ás 12.00 horas, en memoria das persoas falecidas, apoio ás súas familias e amigos, e consideración con tódalas persoas afectadas por tan grave situación.