Friday 22 de November de 2024

Protección Civil e Policía Local imparten unhas xornadas de Seguridade Vial nos colexios de Cambre


O obxectivo desta iniciativa é concienciar os máis pequenos sobre a importancia de seguir as normas de circulación e os perigos que entrañan as estradas

Escolares cambreses participan dende hoxe nunhas xornadas de educación vial que imparte Protección Civil e Policía Local. En concreto, os alumnos de 3º da ESO do CEIP Wenceslao Fernández Flórez e do CEIP Emilio González López recibirán unhas clases teóricas sobre a sinalización viaria e as pautas a seguir como peóns, ciclistas ou condutores. O obxectivo desta iniciativa é concienciar os máis pequenos sobre a importancia de seguir as normas de circulación e os perigos que entrañan as estradas tanto para os condutores e, sobre todo, para peóns e cicloturistas. Para levar a cabo a iniciativa instalouse no polideportivo de Cambre un circuíto viario cargado de sinais de circulación, carrís e semáforos luminosos que sirve de banco de probas para poñer en práctica a teoría impartida nas aulas. Os alumnos conducen cuadriciclos polos viais e os seus compañeiros circulan polos lugares habilitados respectando os sinais baixo a atenta mirada dos responsables de Policía Local e Protección Civil, que observan o desenvolvemento do tráfico para corrixir condutas perigosas.