O Concello de Oleiros organiza rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural Dexo-Serantes os sábados e domingos durante o mes de novembro.
Trátanse de dúas rutas circulares de dificultade baixa, Ruta Seixo Branco-Furnas (3 km), de dúas horas de duración, onde se porá en valor a xea, a fauna e a flora do espazo; e a Ruta Porto de Dexo (4 km), de dúas horas e media de duración, onde se porá en valor a etnografía da zona. A duración das rutas é de 2 horas e comezarán ás 10:30 horas.
INSCRICIÓNS: bit.ly/3MC072r
Para máis información poderase contactar co 981 618 154 ou a través do correo electrónico turismo@oleiros.org.