Friday 22 de November de 2024

O alcalde de Abegondo é reelixido presidente dos GDR de Galicia


• Santiso solicitará unha reunión á Xunta para coñecer de primeira man as políticas Leader da administración galega

• A asemblea celebrada hoxe encomendou a presidencia a Mariñas – Betanzos e as vicepresidencias para Ordes e Terra Cha

A asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia celebrou hoxe en Boqueixón a asemblea xeral para escoller a súa xunta directiva polos próximos catro anos. O presidente de Mariñas – Betanzos e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, foi reelixido para encabezar agrupación que abrangue a todos os concellos de Galicia coa política rural como ámbito de traballo.

A decisión tomouse por unanimidade da asemblea. Os membros designaron na xunta directiva xunto a Santiso aos GDR de Ordes e Terra Cha nas vicepresidencias, a Monteval na secretaría, e a Miño – Ulla na tesourería.

Santiso agradeceu a confianza depositada polos representantes do rural galego. “Os GDR son a base do desenvolvemento rural galego, contan cos profesionais máis cualificados e con gran experiencia para traballar por medidas que supoñan avances de calado”, expresó.

O presidente apunta como a primeira medida a petición dunha reunión coa Consellería de Medio Rural e Agader para coñecer de forma directa as súas intencións con respecto ás políticas de xestión do programa europeo LEADER. Os GDR entenden os cambios no organigrama autonómico requiriron unha adaptación e por iso esperan ese encontro cara final de ano.
Asemade, na asemblea Santiso animou aos GDR a integrarse na Red Española de Desarrollo Rural, da que xa forma parte Mariñas – Betanzos. “É unha iniciativa espléndida para o traballo rede con vocación de cooperación e que permite participar tamén a nivel europeo”, explica.